Contribucións ao IX Congreso Estatal de Educación Social

07 - 01 - 2026

Os días 21, 22 e 23 de maio de 2026 celebrarase en Cartagena, Murcia, o IX Congreso Estatal de Educación Social, baixo o lema “La autonomía y la cultura profesional en la acción socioeducativa”. Trátase dun dos eventos de maior relevancia no ámbito da Educación Social no noso país, cun forte valor de encontro profesional, reflexión crítica e colaboración interterritorial.

Este Congreso está promovido polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) e organizado polo Colexio Oficial de Educación Social da Rexión de Murcia (COESRM). Nesta edición, apostarase por un modelo híbrido de participación, ofrecendo a posibilidade de asistir tanto presencialmente como en liña vía streaming, para garantir a máxima accesibilidade e participación desde calquera territorio.


Contribucións ao Congreso

O Congreso abre a porta á participación activa da comunidade profesional e académica a través da presentación de contribucións en diferentes formatos: comunicacións orais, pósteres, vídeos ou relatos de boas prácticas, entre outros.

As persoas interesadas poden enviar as súas propostas ata o 31 de xaneiro de 2026, seguindo as bases publicadas na web oficial do Congreso:
🔗 enlace as bases  


O programa

A organización do Congreso vén de publicar un avance do programa que xa permite facerse unha idea do enfoque e dos contidos que artellarán o IX Congreso Estatal de Educación Social. Este adianto, en coherencia co lema do congreso, pon o acento na autonomía profesional e na cultura profesional como eixos fundamentais da acción socioeducativa.

O avance publicado amosa un congreso orientado á participación, ao diálogo entre investigación e práctica profesional e á posta en valor do saber das educadoras e educadores sociais.


Por que non faltar:

  1. Participación: En obradoiros, sesións intensivas e simposios que permiten afondar en temas específicos.
  2. Investigacións: Presentar as túas investigacións e recibir retroalimentación, así como dar a coñecer o teu traballo a un público máis amplo.
  3. Importancia: Asistir a un evento con importancia a nivel mundial da Educación Social.
  4. Visibilidade: Pode axudarte a destacar profesionalmente e aumentar a túa visibilidade dentro do teu campo.
  5. Networking: Coñecer outras/os profesionais e investigadoras/es, ampliar a túa rede de contactos e buscar posibles colaboracións son beneficios clave.
  6. Aprendizaxe: Mantente ao día coas últimas novidades no teu campo, aprende de persoas expertas e comparte experiencias con outras/os profesionais.


Convidámosvos a todas as educadoras e educadores sociais, estudantes, persoas investigadoras e profesionais vinculadas á Educación Social a visitar a web do Congreso, seguir atentamente as súas canles oficiais, e por suposto, a compartir estes tres días de aprendizaxe, convivencia e experiencias.


Ir á web do Congreso