Segunda sesión do proxecto colaborativo de supervisión para profesionais da Educación e Apoio Familiar

25 - 02 - 2026

O CEESG continúa coa iniciativa de supervisión e coordinación profesional para educadoras/s sociais dos Servizos de Educación e Apoio Familiar de Galicia, un espazo colectivo pensado para compartir experiencias, reflexionar sobre a práctica profesional e fortalecer as nosas competencias no acompañamento socioeducativo.

  • Data: 4 de marzo de 2026.

  • Horario: 18:00 – 20:00 h.

  • Formato: Videoconferencia

Nesta segunda sesión retomamos o espazo formativo e de acompañamento profesional iniciado o 4 de febreiro, coa vontade de seguir afondando en ferramentas, retos e aprendizaxes que xurden no traballo diario con familias e infancia.



Inscricións