Súmate ao 8M co CEESG
02 - 03 - 2026
Con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, no CEESG queremos facer unha acción colectiva para visibilizar o compromiso feminista do colexio e da profesión.
Imos crear un collage con fotos de colexiadas lucindo a nosa camiseta feminista e publicalo o 8 de marzo.
Como participar?Envíanos unha foto túa coa camiseta posta a servizos.colexiais@ceesg.gal antes do venres 6 de marzo.
Fagamos visible o compromiso feminista da Educación Social.