Formación en liña: atención integral a vítimas de violencia machista desde un enfoque socioeducativo
A violencia de xénero é un dos problemas máis graves e complexos da nosa sociedade actual. É un tipo de violencia estrutural e ideolóxica, que se vén exercendo durante décadas sobre as mulleres polo mero feito de selo, sen distinción de etnia, idade ou clase social e constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre homes e mulleres.
Trátase dun grave problema social, que se fai cada vez máis visible, debido á maior concienciación das vítimas e das súas familias, á sensibilización das institucións públicas, dos medios de comunicación, dos corpos e forzas de seguridade e da sociedade no seu conxunto.
E como problema social, é precisamente a sociedade no seu conxunto, tanto os poderes públicos coma cada persoa na súa contorna e no seu día a día, a que debe implicarse e seguir loitando para lograr a súa erradicación.
Esta formación ten como obxectivo formar a profesionais do ámbito socioeducativo e da intervención social na atención integral a vítimas de violencia machista.
O curso dirixirase a que as profesionais da Educación social enfoquen o proceso de recuperación persoal desde un enfoque bio-psico-social; comprendan o proceso de recuperación persoal que transitan as vítimas de violencia machista; identifiquen o potencial terapéutico do lecer e o seu papel no acompañamento que realizan, e coñezan boas prácticas na atención integral a vítimas de violencia machista.
O curso será impartido por Tania Merelas Iglesias, educadora social e pedagoga, doutora en Ciencias da Educación cunha tese centrada no papel terapéutico do lecer no proceso de recuperación da violencia machista. Con experiencia docente en formación profesional na familia de servizos á comunidade, integrante do grupo Fiadeiras do Ceesg sobre feminismos, e impulsora de Avezar, un espazo creativo que ofrece formación e recursos sobre feminismo.
DATAS: martes 7, 14 e 21 de abril + 5 e 12 de maio de 16:30h a 19:30h
MODALIDADE: En liña a través de plataforma Moodle.
DURACIÓN: 15 h. de formación certificada.INSCRICIÓN
- Colexiadas/os ou precolexiadas/os Ceesg: 45€. Non colexiadas/os: 65€.
- Cota de colexiadas aplicable colexiadas de calquera colexio profesional do CGCEES.
- Inscrición ata 26 de marzo.
