Xuntanza co SERGAS en relación ao traspaso das UAD municipais
20 - 03 - 2026
Recentemente mantivemos unha xuntanza co SERGAS tras o traspaso das Unidades de Atención ás Drogodependencias (UAD) municipais.
Este proceso implica a integración do persoal destes servizos, polo que consideramos imprescindible a creación dunha categoría específica de “Educador/a Social” no SERGAS, tal e como solicitamos á Consellería. Tamén achegamos copia da solicitude presentada aos sindicatos que están neste momento a negociar a posibilidade de que o persoal adquira a condición de persoal estatutario do SERGAS.
Esta medida é clave para garantir, a longo prazo, que non se perda o carácter socioeducativo destes dispositivos e que continúen ofrecendo unha atención integral e de calidade.