Formación Convivencial para Profesionais dos SEAFs 2026

20 - 03 - 2026

Os SEAF (Servizos de Educación e Apoio Familiar) son un servizo consolidado dende hai anos nos distintos concellos de Galicia. Dende o CEESG traballamos no desenvolvemento de formación especializada que fomente un tecido colaborativo e participativo entre as profesionais da Educación Social, co obxectivo de xerar e manter unha rede profesional que impulse a mellora continua destes servizos mediante prácticas innovadoras e participativas, tal como promove a normativa galega en materia de servizos sociais.

A primeira edición deste evento formativo iniciouse en 2023 co apoio da Dirección Xeral de Familia da Xunta de Galicia e, en 2026, mantense esta colaboración para seguir fortalecendo os SEAF como recurso de apoio ás familias dentro dos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos galegos. O formato convivencial busca reforzar a rede de Educadores e Educadoras Sociais, promovendo coordinación, autocoidado, sororidade e coidado profesional, así como o recoñecemento mutuo entre profesionais, favorecendo o benestar laboral.

A asistencia completa á formación convivencial é obrigatoria, de acordo cos obxectivos da convivencia, e ao finalizar expedirase certificación de asistencia de 20 horas.


Ver información detallada