Selección de 5 educadoras/es sociais

30 - 04 - 2026

O CEESG realiza a selección de 5 educadoras/es sociais para o desenvolvemento do proxecto Aloumiños, impulsado polo Servizo Galego de Saúde, en convenio co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

O proxecto levarase a cabo nas seguintes comarcas:
• COMARCA DE ORDES: Cerceda, Ordes, Tordoia e Trazo.
• COMARCA FERROL/ORTEGAL: As Somozas, Moeche, Neda e San Sadurniño.
• COMARCA DE A CORUÑA/ORDES: Abegondo, Mesía, Frades e Carral.
• COMARCA DE MEIRA/TERRA CHÁ: A Pastoriza, Pol, Abadín e Riotorto.
• COMARCA DE A MARIÑA CENTRAL/TERRA CHÁ: Alfoz, Muras, Mondoñedo e O Valadouro.


Requisitos: 
- Colexiación no CEESG. 
- Residencia na comarca na que se desenvolverá o proxecto, ou posibilidade de desprazamento.
- Carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo para desprazamentos. 
- Experiencia laboral demostrable como educador/a social neste eido, especialmente na dinamización de grupos, nos ámbitos de dinamización comunitaria, persoas maiores, saúde mental, e servizos sociais. 


Valorarase: 

- Coñecemento previo da zona onde se implementará o proxecto. 


Condicións: 

- 25 horas semanais. 
- Contratación temporal. Duración de maio a novembro de 2026. 
- Incorporación inmediata.


Contacto: 

Enviar curriculum en formato pdf a ceesg@ceesg.gal indicando no asunto “Selección Educador/a social” 

Necesario indicar a que comarca ou comarcas se postula.

Enviar CV ata o día 4 de maio (incluído). 

De entre os CV recibidos seleccionaranse os que pasen á fase de entrevista, que se poderá celebrar de xeito virtual ou presencial.