Manifesto polo Día do Orgullo LGTBIQ+
26 - 06 - 2026
Desde o CEESG sumámonos ao manifesto do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, reafirmando o noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos, a igualdade de trato, a non discriminación e o recoñecemento da diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero.
Como profesión comprometida coa xustiza social, a Educación Social ten un papel fundamental na construción de contextos seguros, inclusivos e libres de violencias e discursos de odio.
A continuación podes ver o cartaz e o manifesto.

