13º Concurso TFG.eduso
16 - 07 - 2026
O Ceesg convoca a 13ª edición do Concurso TFG.eduso, unha iniciativa que ten como obxectivo dar visibilidade aos Traballos de Fin de Grao elaborados polo estudantado galego de Educación Social e recoñecer a súa achega ao desenvolvemento da profesión.
Nesta convocatoria poderán participar os traballos defendidos durante o curso 2025/2026.
As solicitudes poderán presentarse ata o 15 de novembro de 2026.
Podes consultar as bases e descargar os documentos para participar ao final desta páxina.
