Novo código deontolóxico da Educación Social

29 - 10 - 2026

O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) deu a coñecer o novo Código Deontolóxico da Educación Social, froito dun proceso de reflexión e construción colectiva no que participaron o Comité de Ética e Deontoloxía, os colexios profesionais e outros axentes vinculados á profesión.

Esta nova versión actualiza o código anterior, aprobado en 2007, para dar resposta aos retos e ás necesidades actuais da práctica socioeducativa. O documento constitúe unha guía para orientar o exercicio profesional, facilitar a toma de decisións ante dilemas éticos e fortalecer o compromiso da Educación Social coa defensa dos dereitos humanos, a xustiza social, a autonomía das persoas e a responsabilidade profesional.

Con esta actualización, a profesión reafirma os seus principios éticos e o seu compromiso cunha acción socioeducativa respectuosa cos dereitos das persoas e orientada á construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.


 Consultar novo código deontolóxico da profesión de Educación Social (edición en castelán)

Estamos a traballar para contar proximamente coa versión en galego, que estará dispoñible na nosa web.