Dispoñible o libro do 12º Concurso TFG.eduso

30 - 10 - 2026

O CEESG publica o libro que recolle os traballos recoñecidos na 12ª edición do Concurso TFG.eduso, unha iniciativa coa que o Colexio busca visibilizar e poñer en valor a calidade dos traballos académicos realizados polo estudantado de Educación Social.


A publicación reúne os seguintes traballos:

  • Premio: Estereotipos de xénero na era dixital: influencia e reprodución nas redes sociais, de Laura Malvar Blanco. Titoría: Patricia Alonso Ruido (Universidade de Santiago de Compostela).
  • Mención do xurado: O ocio da xuventude con identidades de xénero non normativas. Un estudo socioeducativo das súas barreiras, de Leo Parra Rodríguez. Titoría: Belén Caballo Villar (Universidade de Santiago de Compostela).

Os traballos corresponden á convocatoria do curso académico 2024/2025.

O libro presentouse no marco da celebración do Día Internacional da Educación Social, o pasado 2 de outubro, en Santiago de Compostela, coincidindo co acto de entrega dos premios ás persoas autoras dos traballos seleccionados.


Xa podes consultar e descargar a publicación a través da seguinte ligazón:

 DESCARGAR O LIBRO


Ademais, se prefires a consulta en papel, tamén temos exemplares dispoñibles na biblioteca do CEESG.

Con esta publicación, seguimos apostando por dar visibilidade ao coñecemento que se xera desde as aulas e por favorecer a súa difusión entre profesionais, estudantes e todas as persoas interesadas na Educación Social.


Se queres consultar os traballos premiados en convocatorias anteriores, podes facelo en https://ceesg.gal/tfgedusolibros/