Prevención da explotación sexual na infancia e adolescencia

Ferramentas para profesionais que interveñen con menores en tutela, garda ou protección

Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).

Trátase dunha formación organizada polo Ceesg en colaboración con médicos do mundo que pretende dotar de ferramentas e capacidades ás persoas profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia. 

Impartida por Raquel Álvarez Vázquez, Educadora Social con grande experiencia en prevención de explotación sexual na infancia e na adolescencia e no acompañamento en procesos de empoderamento de mulleres vítimas de trata, explotación sexual e contextos de prostitución.

Data e Hora
mércores
4 de xuño de 2025
Inicio - 10:30
mércores
18 de xuño de 2025
Fin - 13:30 Europe/Madrid
Lugar

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

Rúa Lisboa, 20, baixo C
15707 Santiago de Compostela
España
981552206
ceesg@ceesg.gal
Obter o enderezo
Organizador

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

981552206
ceesg@ceesg.gal
COMPARTIR

Descubre o que a xente ve e di sobre este evento e únete á conversa.