A acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia da Coruña
Dispoñible

A acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia da Coruña

Autor/es: Varios/as


Editorial: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA



Referencia: AS-0021

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Animación Sociocultural


Descripción / Máis datos

A Excma. Deputación de A Coruña pretende ó desenvolvemento óptimo das competencias municipais para que tódolos concellos da provincia poidan estar en condicións de prestar servicios de calidade que teñan en conta, tanto as demandas da cidadanía como as necesidades sociais detectadas. Nesta perspectiva, o desenvolvemento cultural, a promoción do deporte e as denominadas políticas de xuventude enténdense como áreas ou sectores estratéxicos da acción municipal, sendo imprescindible un coñecemento máis profundo do seu estado actual no ámbito territorial que compete a esta Deputación coa finalidade de establecer liñas de actuación que permitan innovar e mellorar a calidade dos servicios que actualmente se prestan. Para satisfacer esta aspiración, a Área de Cultura, Deporte e Xuventude da Deputación Provincial asinou un Convenio de Colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. O fin principal deste Convenio era desenvolver un Estudio de carácter avaliativo-diagnóstico que analizara a realidade do quefacer municipal na provincia de A Coruña, tomando como obxecto de estudio as áreas ou ámbitos xa mencionados da cultura, a xuventude e o deporte. Por unha banda, trátase, tal e como figura no protocolo asinado, de "acadar un coñecemento en profundidade das realidades anteriormente citadas, que servirá de base para a planificación das actuacións" e, pula outra, de xeito complementario, de establecer novas liñas estratéxicas para orienta-lo labor da Deputación co fin de mellorar tanto a súa política de apoio e asistencia ós municipios como as propias realidades investigadas.