A realidade físico-deportiva das mulleres en Galicia
Autor/es: CRISTINA LÓPEZ VILLAR, Mª ÁNGELES FERNÁNDEZ VILLARINO, MYRIAM ALVARIÑAS VILLAVERDE, INMA CANALES LACRUZ
Editorial: SGI. SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE
Data Publicación: 2008
Referencia: M-0143
Idioma: Galego
Tipo: Libro
132 páx.
Esta obra presenta os resultados que sobre as mulleres galegas se extraen do estudo "Análise da realidade deportiva galega", así como o estudo en que se analiza a presenza da muller nos órganos de xestión das federacións galegas e das mulleres que practican deporte federado e deporte escolar. A obra en cuestión aparece precedida duna introdución con información de carácter xeral sobre a situación das mulleres no ámbito da actividade físico deportiva desde un punto de vista histórico. O libro remata cunhas conclusións e inclúe un anexo con infromación relativa a páxinas en liña de organismos, fundacións e asociacións das mulleres e actividade física, publicacións especializadas e bases de datos, que permitirán ás lectoras e lectores ter máis coñecemento sobre a temática obxecto desta publicación.