Convivir con Alzheimer
Autor/es: JORDI MATÍAS-GUIU GUÍA
Editorial: FAGAL / PANAMERICANA
Data Publicación: 2009
Referencia: PM-0072
Idioma: Galego
Tipo: Libro
105 páx..
Cando unha persoa recibe a nova de que padece a enfermidade de Alzheimer, a súa familia cre, nun primeiro momento, que todo rematou e que algo insuperable acaba de acontecer nas súas vidas. Pero non é así; a partir dese intre queda moito por facer para mellorar e afianzar a calidade de vida do enfermo e dos seus familiares máis próximos, e iso dependerá fundamentalmente de como se enfoquen as actuacións e as relacións co paciente. Aprender a convivir coa enfermidade de Alzheimer é a diferenza crucial entre que sexa o mellor posible para o enfermo e os seus familiares ou, pola contra, se convirta nun drama para todas as persoas implicadas. Neste libro atopará cen preguntas e cen respostas para contribuír a familiarizarse e convivir coa enfermidade do século XXI.