Educación social e escola
Dispoñible

Educación social e escola

Autor/es: MONTSERRAT CASTRO RODRÍGUEZ, XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ, XOSÉ MANUEL MALHEIRO GUTIÉRREZ, MARILÓ CANDENDO GUNTURIZ, XESÚS RODRÍGUZ RODRÍGUEZ


Editorial: NEG. NOVA ESCOLA GALEGA // CEESG. COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA


Data Publicación: 2008


Referencia: EF-0033

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Educación Social Educación regrada


Descripción / Máis datos

116 páx.

Contén CD con versión en castelán.


Xornadas organizadas por Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Estas II Xornadas, celebradas en xullo de 2006, constituíronse nun punto de encontro para reflexionar e debater acerca das achegas que dun xeito conxunto poden facer o profesorado e as/os profesionais da educación social a moitos dos retos, demandas e necesidades que van aparecendo na sociedade.

Un dos seus obxectivos era o de coñecer aquelas iniciativas e proxectos de traballo colaborativo, de apoio entre mestres/as, profesores/ as e educadores/as sociais que se estaban a desenvolver nas escolas galegas.

E tamén, analizar os novos interrogantes que se xeran neste contexto: que función pode desenvolver o/a Educador/a social na escola?, cal é a valoración que fan os diferentes profesionais das novas figuras profesionais que aparecen no seu contexto de traballo?, que valoración fan os colectivos de pais e nais desta realidade?, de que xeito pode desenvolverse este traballo colaborativo?, de que maneira pode afectar este escenario ás relacións interprofesionais?, como se pode articular a relación entre a escola e os diferentes ámbitos da Educación Social?...

Nesta publicación recóllense as diferentes experiencias e outros documentos relevantes relacionados coa temática.