En Galicia, en galego. Boas prácticas de normalización lingüística nas accións socioeducativas
Dispoñible

En Galicia, en galego. Boas prácticas de normalización lingüística nas accións socioeducativas

Autor/es: CEESG


Editorial: CEESG. COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA



Referencia: ES-0059

Idioma: Galego

Tipo: CD-Rom


Categorías: Educación Social


Descripción / Máis datos

Traballo realizado polo Colexio de Educadoras e Educa-dores Sociais de Galicia, para a publicación dun CD onde se recoñecen as boas prácticas de natureza educativo-social a fin de promocionar as actividades positivas cara á lingua galega, que combatan os prexuízos e fomenten a autoestima e a lealdade lingüística, visibilizando e recoñecendo así mesmo o bo facer das/os nosas/os profesionais.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia coa firme vontade de converterse nun axente decisivo na normalización da lingua galega, nos ámbitos socioprofesionais que son da súa competencia, xeneralizando o emprego do galego na totalidade de servizos e prestacións que desenvolvemos como profesionais, co obxecto de facer da lingua galega un dos seus inequívocos sinais de identidade.
Para levar a cabo esta iniciativa, convidamos a aquelas entidades que puidesen ter algunha experiencia interesante que contar, pero tamén quixemos diversificar a nivel de: público-privado, ámbitos de actuación, colectivos…, e poder ofrecer unha variedade considerable co fin de amosar a viveza e saúde que ten a nosa lingua e, polo tanto, a nosa cultura e todos aquelas/es que a usamos e a gozamos tamén dende a Educación Social. Xuntámolas nun formato tecnolóxico e de aí saíu un CD, que nesta páxina recollemos unificándoo en formato pdf.
As iniciativas recollidas, que pretenden ter un carácter exemplarizante, foron seleccionadas atendendo aos seguintes criterios:

  • ser desenvolvidas en Galicia e en galego;
  • ter un impacto palpable e tanxible na mellora da calidade de vida das persoas;
  • ser o resultado dun traballo efectivo, contemplando accións dos sectores públicos, privados e civís;
  • ser social, cultural, económica ou ambientalmente sostibles.

Asemade, entendemos que a cultura das boas e mellores prácticas ten a virtude de orientar ás/aos profesionais cara prácticas de calidade que tamén se caractericen por algunha das seguintes cualidades: transparencia, innovación, orixinalidade, creatividade, eficacia, eficiencia, visibilidade, credibilidade, imparcialidade, equidade, igualdade, cohesión, globalidade etc.
En total descríbense 19 experiencias de diferentes entidades. O formato CD inclúe ademais unha sección de “extras” que axudan a contextualizar cada unha delas, a través de vídeos, fotos, memorias, e outros.
Sendo educadoras/es sociais, onde o noso desempeño require comunicarnos coa xente, temos a obriga moral e o gusto profesional de facelo como nos gusta, en galego.
O pobo galego caracterízase por ese bo facer e o constante ofrecemento do que ten. Nós non queremos ser menos, e queremos ofrecer, tal e como sabemos facelo, retallos de historia da Educación Social galega, pero tamén cachos de lingua, dito á nosa maneira e como nós queremos. Por iso, este é outro exemplo máis de que esta-mos vivas/os, namentres nos sintamos así, con gañas de seguir gozando do que somos: galegas e galegos.