En son de paz
Dispoñible

En son de paz

Autor/es: SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ


Editorial: SGEP. SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ


Data Publicación: 2006


Referencia: ED-0035

Idioma: galego

Tipo: DVD


Categorías: Educación


Descripción / Máis datos

En conmemoriación do XX aniversario do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), estúdanse os valores da cultura da non violencia. Recupera imaxes de conflitos pasados con perspectiva histórica e entrevista a Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Carmen Alborch, e Uxía Senlle, entre outros. Coa colaboración de TVG, TVE, Tele 5, ACNUR e Amnistía Internacional entre outros.


En son de paz non é tan só un documental conmemoriativo. Entrevistas, xogos e dinámicas de aula, recursos didácticos, contos, teatro, cine, imaxes e sons, ideas anovadoras... para apelar directamente ós afectos e ós sentimentos do alumnado, como mellor antídoto contra da violencia, e para poñer o acento na necesidade (e tamén na urxencia) de educar para a paz e os dereitos humanos, para a cidadanía e a convivencia democráticas, para aprender a resolver pacificamente os conflitos, cada día, tódolos días..., un auténtico Manual para facer realidade, nas aulas e na vida, os valores dunha Cultura de Paz.


Duración: 29 min.