Dispoñible
LIBRO DE ACTAS: V XORNADA SOBRE XERONTOLOXÍA E EDUCACIÓN SOCIAL. INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA CON PERSOAS MAIORES
Autor/es: Mª SONIA VALVERDE VILLAR, BEATRIZ CADAHÍA LORENZO, AITOR PÉEZ ARTETXE, LUCÍA LEAL SUEIRAS, J.MANUEL MOSQUERA MERA, MONTSERRAT GROBA REPRESAS, RAQUEL RAMOS RODRÍGUEZ, ROSA MÍNGUEZ MOREIRA
Editorial: CEESG. COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
Referencia: PM-0058
Idioma: Galego
Tipo: Libro
Categorías:
Adultos I Maiores
Educación Social
Descripción / Máis datos
A V Xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social, celebrada en xaneiro de 2009, tivo como eixe principal a práctica diaria do traballo socioeducativo cos maiores.
Esta xornada serviu como punto de encontro para todas/os aquelas/es profesionais para:
- Coñecer programas e experiencias socioeducativas que se están a desenvolver ao longo da xeografía galega, así como en diferentes recursos de maiores.
- Reflexionar acerca das novas necesidades e demandas que, respecto ao incremento da esperanza de vida, presenta a sociedade en xeral e as persoas maiores en particular.
- Participar no deseño e construción do discurso e das liñas de acción propias da Educación Social no traballo con persoas maiores.
Neste libro de actas recóllense os diferentes relatorios expostos.