Profesoras e profesores no sistema universitario galego
Autor/es: MARÍA LAMEIRAS FERNÁNDEZ, YOLANDA RODRÍGUEZ CASTRO, MARÍA VICTORIA CARRERA FERNÁNDEZ, MARÍA CALADO OTERO
Editorial: SGI. SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE
Data Publicación: 2006
Referencia: M-0093
Idioma: Galego
Tipo: Libro
118 páx.
Este traballo representa a primeira aproximación ao estudo da realidade do Sistema Universitario Galego desde unha perspectiva de xénero. Para abordar dito obxectivo estruturouse en dúas grandes partes empíricas. Na primeira trátanse os datos relativos á representación de mulleres tanto a nivel de alumnado como de docentes do SUG e na segunda parte expóñense os resultados relativos ás actitudes sexistas, rasgos de personalidade estereotipados polo xénero e nivel de conflito traballo-familia nunha mostra de 500 docentes das tres universidades galegas.
A Universidade, que na mente de moitos e de moitas representa unha realidade igualitaria para os sexos onde o éxito se vincula ás capacidades individuais, continúa sendo un ámbito de asimetrías para os xéneros. Sen dúbida esta investigación representa un “paso” na visualización da realidade das mulleres nas universidades galegas e esperamos que se convirta nun estímulo que permita que xermolen novas iniciativas e proxectos a favor da súa visualización. Especialmente centradas nun colectivo tan significativo como é o colectivo de docentes de universidade, se temos en conta a grande influencia que teñen tanto na promulgación dunha conciencia crítica coma na estimulación de actitudes igualitarias sobre as elites dunha sociedade, o alumnado universitario.