Son de fiar. Incorporando a perspectiva feminista na Educación Social
Pendiente

Son de fiar. Incorporando a perspectiva feminista na Educación Social

Autor/es: Grupo de taballo Fiadeiras


Editorial: Ceesg


Data Publicación: 01/07/2023


Referencia: M-0266

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Educación Social Mulleres


Descripción / Máis datos

O grupo de traballo Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, deseñou esta publicación que parte da educación social e achega unha mirada crítica respecto da propia educación social, co fin de acadar o que queremos: unha educación social feminista.
Concrétase nunha proposta pedagóxica cunha clara vontade didáctica. Un material que pode ser empregado en actividades formativas ou no traballo educativo das e dos profesionais das administracións públicas máis próximas á cidadanía, así como de entidades privadas.
Este material incorpora un corpo teórico que vén acompañado dun abano de actividades que requiren de técnicas concretas, como exposición de ideas, dinámicas de reflexión individual, coñecementos, confianza, audios, vídeos, etc. Todas elas contribuirán a traballar o cambio de actitudes e a abordaxe dos temas desde diferentes planos -intelectual, emocional e corporal- para potenciar o desenvolvemento integral de cada persoa.