Revista Galega de Educación | nº 86
Dispoñible

Revista Galega de Educación | nº 86

Autor/es:


Editorial: Nova Escola Galega


Data Publicación: 2023


Referencia: RG-86

Idioma: Galego

Tipo: Revista


Categorías: Educación Educación regrada


Descripción / Máis datos

A RGE defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.


O Monográfico nº 86 leva por título: andar cos tempos das músicas.