Comisión de Ética e Benestar Profesional
A ética é un elemento central no exercicio profesional da Educación Social, pois esta profesión ten unha importante carga de valores. As e os profesionais debemos ter unha visión crítica co noso entorno e co noso propio traballo e asumir a reflexión ética como unha constante.
A orientación deontolóxica no exercicio da profesión proporciónanola o Código Deontolóxico da Educadora e o Educador Social, como marco mínimo de referencia.
Como apoio ao afrontamento de conflitos éticos que se nos poidan presentar no noso traballo, o Ceesg creou no ano 2014 a Comisión Ética e de Benestar Profesional, que ten por obxectivo dar resposta ás dúbidas de carácter ético que se presenten no noso quefacer profesional, de xeito orientativo e non vinculante.
A Comisión está formada por varias persoas do eido profesional e académico con especial interese e traxectoria nesta materia.
As consultas deben enviarse a través do formulario mediante o botón "Acceder". Derivaranse á Comisión, que trasladará unha resposta.