Dende o CEESG a outro colexio:
En caso de que esteas colexiada/o no CEESG e necesites trasladar o teu expediente a un colexio doutra Comunidade Autónoma, debes ter preparada a seguinte documentación para enviar xunto coa solicitude:
- Resgardo bancario de ter ingresado a cota de traslado de expediente establecida (20 €) na seguinte conta bancaria:
- Banco Sabadell: ES41-0081-0499-6100-0104-6708
O CEESG remitirá ao Colexio de destino o teu expediente.
Requisitos para solicitar o traslado:
• Debes estar de alta como colexiado/a do CEESG no momento de facer a solicitude.
• Non poden existir débedas pendentes, sancións disciplinarias, inhabilitación profesional, ou outras circunstancias que impidan o traslado.