Caderno temático 1: A acción municipal no tempo libre
Disponible

Caderno temático 1: A acción municipal no tempo libre

Autor/es: M. Belén Caballo Villar e Raúl Fraguela Vale


Editorial: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA



Referencia: AS-0026

Idioma: Galego

Tipo: Libro


Categorías: Animación Sociocultural


Descripción / Más datos

A acción municipal no tempo libre propón unha liña discursiva de mínimos acerca de tópicos, comidos e prácticas que abranguen cuestións como as seguintes: • O tempo libre e o lecer nas súas realidades do presente e nas súas previsibles perspectivas de futuro, na procura de situar ao lector nalgunhas das claves que permiten contextualizar a súa importancia na sociedade da rede, así como nos aspectos conceptuais e axiolóxicos que fan posible a transición do tempo libre ao lecer, ao que se engaden distintas consideracións sobre o papel da educación e dos concellos na creación de oportunidades para unha utilización positiva destes tempos e a súa orientación cara á vivencia dun ocio comunitario. • A acción municipal e as políticas de ocio nos procesos de desenvolvemento comunitario, considerando este como un eixe transversal a distintas iniciativas e prácticas do tempo libre de que dispoñemos os cidadáns e analizando elementos como a participación, o asociacionismo e a importancia da educación para o lecer. Complementando esta perspectiva, o texto discorre polo marco normativo-legal que encadra a acción municipal no lecer e detense especialmente na delimitación das posibilidades e limites competenciais dos municipios (declaracións e tratados internacionais, lexislación básica e específica etc.). • A proxección do quefacer municipal en tres áreas ou ámbitos moi sensibles ao labor técnico e político en materia de tempo libre e lecer, como son: a cultura, o turismo e o deporte. Na súa explicación e interpretación ponse de manifesto a importancia que teñen estas prácticas na sociedade contemporánea, como expectativa e vivencia que "ocupa" o tempo libre dun volume moi salientable de persoas, ata o punto de seren reconvertidas - non sempre cos mellores logros- en opcións para un lecer de masas. • A escolma, sistematización e presentación de “boas prácticas", con que se ilustra unha parte considerable do discurso teórico, unhas prácticas en que se recoñece a bondade que xorde da creatividade, a innovación, a dedicación, a profesionalidade ou a aposta política e técnica por formas de pensar e facer caracterizadas pola congruencia empática que debe existir en calquera práctica social que aspire a compatibilizar as actuacións institucionais coas necesidades da cidadanía. Por número e calidade, en diferentes concellos e xeografías, son prácticas que mostran a diversidade que atesoura o lecer como "recurso" e vivencia cívica. Para alén das oportunidades de lectura que ofrecen as fontes documentais e bibliográficas citadas, tamén se presentan unhas concisas referencias sobre criterios, principios e pautas de actuación neste ámbito pois estamos convencidos da necesidade de abrirse a liñas de reflexión-acción que dean novas folgos a esta temática, na vida municipal e co especial protagonismo que lle corresponde a quen ten atribuídas responsabilidades técnicas ou políticas nas súas institucións