AUTOCOIDADO EMOCIONAL A TRAVÉS DO MINDFULNESS PARA EDUCADORAS/ES SOCIAIS
Para poder inscribirte en un evento deberás iniciar sesión, si no eres usuaria/o de la página deberás registrarte (para registrarse en la web no es necesaria la colegiación).
Este programa está destinado ao colectivo dos educadores sociais coa finalidade de reducir os efectos da Síndrome de Burnout, mellorar a regulación emocional e aumentar a resiliencia.
O obxectivo deste traballo é elaborar un programa de intervención baseado nos principios do Mindfulness que dote aos educadores sociais de estratexias para o manexo positivo do estrés, aprendendo a entender e regular as emocións propias e relacionarse dunha maneira máis empática e eficiente cun mesmo e cos demais.
Entendemos o Mindfulness como a atención plena no momento presente. Este estado de Mindfulness axúdanos a saír do piloto automático no que adoitamos funcionar habitualmente. Este saír do modo piloto automático axúdanos a pasar de reaccionar impulsivamente a responder ofrecendo a mellor resposta en cada momento.