Lei Orgánica de Protección de Datos
Para poder inscribirte en un evento deberás iniciar sesión, si no eres usuaria/o de la página deberás registrarte (para registrarse en la web no es necesaria la colegiación).
As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nesa labor de acompañamento as Educadoras necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.
O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.
É esta razón que o Ceesg oferta esta formación en liña para que as colexiadas e colexiados podan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos e como afecta ésta ao seu desempeño profesional.
¿Que é un dato de carácter persoal?, ¿Quen é o responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de secreto, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.
Nesta formación poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.
Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.