Lei Orgánica de Protección de Datos

Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).

As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nesa labor de acompañamento as Educadoras necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.

O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e  acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.

É esta razón que o Ceesg oferta esta formación en liña para que as colexiadas e colexiados podan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos  e como afecta ésta ao seu desempeño profesional.

¿Que é un dato de carácter persoal?, ¿Quen é o responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de secreto, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.

Nesta formación poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.

Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.

Data e Hora
mércores
8 de abril de 2026
Inicio - 16:30
mércores
22 de abril de 2026
Fin - 18:00 Europe/Madrid
Lugar

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

Rúa Lisboa, 20, baixo C
15707 Santiago de Compostela
España
981552206
ceesg@ceesg.gal
Obter o enderezo
Organizador

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

981552206
ceesg@ceesg.gal
COMPARTIR

Descubre o que a xente ve e di sobre este evento e únete á conversa.