Resultado do 10º Concurso TFG.eduso

19 - 03 - 2024

Finalizado o 10º Concurso TFG.eduso, podemos anunciar os traballos gañadores deste galardón que pretende visibilizar a calidade dos traballos realizados polo estudantado galego de Educación Social.

Esta edición correspóndese cos TFG realizados durante o curso 2022/2023, e presentáronse un total de 10 traballos.

Os seleccionados polo xurado foron:

Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA:

  • Título: A integración escolar dos menores en protección residencial. O caso da Casa de Familia "Laura Vicuña".
  • Autora: Alba Jarmado Senín.
  • Titora: Laura María Varela Crespo (Universidade de Santiago)

Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:

  • Título: Educación e Societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936).
  • Autora: Inés Merayo Fernández.
  • Titora: Rita Gradaílle Pernas (Universidade de Santiago)

Mención especial do xurado:

  • Título: Saberes en perigo de extinción: un repaso polas prácticas sostibles das persoas maiores no rural.
  • Autora: Irene Kallinteris Abreu.
  • Titora: Esther Pérez Enríquez (Universidade de Vigo - Campus de Ourense)

Parabéns ás gañadoras!!

Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes do concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado tivo a xenerosidade de colaborar revisando e valorando cada un dos traballos, facendo posible esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:

  • Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo
  • Tiberio Feliz Murias, profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
  • Silvana Longueira Mato, profesora da Universidade de Santiago.
  • Luisa Losada Puente, profesora da Universidade da Coruña.
  • Sonia González Rodríguez, presidenta do Ceesg.