Resultado do 10º Concurso TFG.eduso
19 - 03 - 2024
Finalizado o 10º Concurso TFG.eduso, podemos anunciar os traballos gañadores deste galardón que pretende visibilizar a calidade dos traballos realizados polo estudantado galego de Educación Social.
Esta edición correspóndese cos TFG realizados durante o curso 2022/2023, e presentáronse un total de 10 traballos.
Os seleccionados polo xurado foron:
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA:
- Título: A integración escolar dos menores en protección residencial. O caso da Casa de Familia "Laura Vicuña".
- Autora: Alba Jarmado Senín.
- Titora: Laura María Varela Crespo (Universidade de Santiago)
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:
- Título: Educación e Societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936).
- Autora: Inés Merayo Fernández.
- Titora: Rita Gradaílle Pernas (Universidade de Santiago)
Mención especial do xurado:
- Título: Saberes en perigo de extinción: un repaso polas prácticas sostibles das persoas maiores no rural.
- Autora: Irene Kallinteris Abreu.
- Titora: Esther Pérez Enríquez (Universidade de Vigo - Campus de Ourense)
—
Parabéns ás gañadoras!!
Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes do concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado tivo a xenerosidade de colaborar revisando e valorando cada un dos traballos, facendo posible esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:
- Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo
- Tiberio Feliz Murias, profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
- Silvana Longueira Mato, profesora da Universidade de Santiago.
- Luisa Losada Puente, profesora da Universidade da Coruña.
- Sonia González Rodríguez, presidenta do Ceesg.