Convocatoria aberta para envío de comunicacións IV Seminario Internacional de Educación Social

23 - 06 - 2025

Está aberta a convocatoria para o envío de comunicacións ao IV Seminario Internacional de Educación Social, que se celebrará no marco da Convivencia Profesional e Interuniversitaria de Educación Social Xurés 2025.

Publicarase un EBOOK titulado Transferencia para as boas prácticas en educación social, no que se recollerán propostas que contribúan á reflexión e mellora das prácticas en educación social.

Datos relevantes da convocatoria:

- Prazo de envío de resumos: ata o 24 de xullo de 2025

Extensión dos resumos: entre 150 e 300 palabras

Plantilla dispoñible para descarga: [ligazón de descarga]

Enderezo de envío: 

Liñas temáticas:

  • Acompañamento socioeducativo de calidade con infancias, adolescencias e familias vulnerables.
  • Desde a acción socioeducativa na escola ata a Educación social escolar.
  • Miscelánea: retos da Educación social.

Para que a comunicación sexa incluída no e-book e poida presentarse no seminario, será imprescindible que polo menos unha das persoas autoras se inscriba no evento.

A participación neste seminario é unha oportunidade para compartir coñecementos, visibilizar boas prácticas e contribuír ao avance da Educación social desde unha perspectiva colaborativa e innovadora. Animamos a todas as persoas interesadas a presentar as súas propostas e formar parte desta comunidade profesional comprometida coa transformación social.

Máis información: web do Xurés 2025