Convocatoria aberta para envío de comunicacións IV Seminario Internacional de Educación Social
Está aberta a convocatoria para o envío de comunicacións ao IV Seminario Internacional de Educación Social, que se celebrará no marco da Convivencia Profesional e Interuniversitaria de Educación Social Xurés 2025. Publicarase un EBOOK titulado “Transferencia para as boas prácticas en educación social”, no que se recollerán propostas que contribúan á reflexión e mellora das prácticas en educación social. |
Datos relevantes da convocatoria: - Prazo de envío de resumos: ata o 24 de xullo de 2025 - Extensión dos resumos: entre 150 e 300 palabras - Plantilla dispoñible para descarga: [ligazón de descarga] - Enderezo de envío: - Liñas temáticas:
- Para que a comunicación sexa incluída no e-book e poida presentarse no seminario, será imprescindible que polo menos unha das persoas autoras se inscriba no evento. |
A participación neste seminario é unha oportunidade para compartir coñecementos, visibilizar boas prácticas e contribuír ao avance da Educación social desde unha perspectiva colaborativa e innovadora. Animamos a todas as persoas interesadas a presentar as súas propostas e formar parte desta comunidade profesional comprometida coa transformación social. |
Máis información: web do Xurés 2025 |