Por unha atención profesional e segura: comproba a colexiación

15 - 10 - 2025

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia lembra á cidadanía que está dispoñible na súa páxina web o acceso ao censo público de persoas colexiadas, onde se pode comprobar de forma rápida e sinxela se unha profesional ou un profesional da Educación Social está debidamente colexiado/a.

Este servizo ofrécese á sociedade en cumprimento do artigo 10.2.a) da Lei de Colexios Profesionais, segundo o establecido na Lei 25/2009, que recolle a obrigatoriedade de dispor dun censo público, permanentemente actualizado, das persoas colexiadas.


Por que é importante comprobar a colexiación?

A colexiación garante que a profesional ou o profesional:

  • Posúe a titulación adecuada para exercer a Educación Social.

  • Cumpre co código deontolóxico e os estándares de calidade profesional establecidos polo colexio.

Desde o punto de vista da cidadanía, poder verificar esta información é unha ferramenta clave para:

  • Protexer os dereitos como usuarias e usuarios de servizos sociais.

  • Previr o intrusismo profesional, que pode afectar a calidade da atención recibida.

  • Asegurar unha intervención profesional cualificada e ética, especialmente en ámbitos sensibles como o apoio a colectivos vulnerables, a intervención familiar, a mediación ou a educación non formal.


Consulta o censo en liña aquí