Por unha atención profesional e segura: comproba a colexiación
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia lembra á cidadanía que está dispoñible na súa páxina web o acceso ao censo público de persoas colexiadas, onde se pode comprobar de forma rápida e sinxela se unha profesional ou un profesional da Educación Social está debidamente colexiado/a.
Este servizo ofrécese á sociedade en cumprimento do artigo 10.2.a) da Lei de Colexios Profesionais, segundo o establecido na Lei 25/2009, que recolle a obrigatoriedade de dispor dun censo público, permanentemente actualizado, das persoas colexiadas.
Por que é importante comprobar a colexiación?
A colexiación garante que a profesional ou o profesional:
-
Posúe a titulación adecuada para exercer a Educación Social.
Cumpre co código deontolóxico e os estándares de calidade profesional establecidos polo colexio.
Desde o punto de vista da cidadanía, poder verificar esta información é unha ferramenta clave para:
-
Protexer os dereitos como usuarias e usuarios de servizos sociais.
-
Previr o intrusismo profesional, que pode afectar a calidade da atención recibida.
-
Asegurar unha intervención profesional cualificada e ética, especialmente en ámbitos sensibles como o apoio a colectivos vulnerables, a intervención familiar, a mediación ou a educación non formal.