Resultado do 12º Concurso TFG.eduso

22 - 01 - 2026

Finalizado o 12º Concurso TFG.eduso, podemos anunciar os traballos gañadores deste galardón que pretende visibilizar a calidade dos traballos realizados polo estudantado galego de Educación Social.

Esta edición correspóndese cos TFG realizados durante o curso 2024/2025, e presentáronse un total de 10 traballos.
 

Os seleccionados polo xurado foron:

Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:


  • Título: Estereotipos de xénero na era dixital: influencia e reprodución nas redes sociais.
  • Autoría: Laura Malvar Blanco.
  • Titoría: Patricia Alonso Ruido (Universidade de Santiago)

Mención especial do xurado:

  • Título: O ocio da xuventude con identidades de xénero non normativas. Un estudo socioeducativo das súas barreiras.
  • Autoría: Leo Parra Rodríguez.
  • Titoría: Belen Caballo Villar (Universidade de Santiago)

A modalidade Educación Social estendida quedou deserta.

Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes do concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado tivo a xenerosidade de colaborar revisando e valorando cada un dos traballos, facendo posible esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:

  • J. Deibe Fernández Simo, da Universidade de Vigo.

  • Raúl González Fernández, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)

  • Luisa Losada Puente, da Universidade da Coruña

  • Laura Varela Crespo, da Universidade de Santiago.

  • Alfonso Tembrás López, do CEESG.

Os traballos premiados serán publicados, e as súas autoras gozarán dunha cota de colexiación gratuíta e de dúas inscricións gratuítas en formacións organizadas e impartidas polo Ceesg.