Resultado do 12º Concurso TFG.eduso
Finalizado o 12º Concurso TFG.eduso, podemos anunciar os traballos gañadores deste galardón que pretende visibilizar a calidade dos traballos realizados polo estudantado galego de Educación Social.
Esta edición correspóndese cos TFG realizados durante o curso 2024/2025, e presentáronse un total de 10 traballos.
Os seleccionados polo xurado foron:
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:
- Título: Estereotipos de xénero na era dixital: influencia e reprodución nas redes sociais.
- Autoría: Laura Malvar Blanco.
- Titoría: Patricia Alonso Ruido (Universidade de Santiago)
Mención especial do xurado:
- Título: O ocio da xuventude con identidades de xénero non normativas. Un estudo socioeducativo das súas barreiras.
- Autoría: Leo Parra Rodríguez.
- Titoría: Belen Caballo Villar (Universidade de Santiago)
A modalidade Educación Social estendida quedou deserta.
Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes do concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado tivo a xenerosidade de colaborar revisando e valorando cada un dos traballos, facendo posible esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:
J. Deibe Fernández Simo, da Universidade de Vigo.
Raúl González Fernández, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
Luisa Losada Puente, da Universidade da Coruña
Laura Varela Crespo, da Universidade de Santiago.
Alfonso Tembrás López, do CEESG.
Os traballos premiados serán publicados, e as súas autoras gozarán dunha cota de colexiación gratuíta e de dúas inscricións gratuítas en formacións organizadas e impartidas polo Ceesg.