Presentación de experiencias no Xurés 2026
| ||
Convocatoria para envío de experiencias e comunicacións | ||
| ||
Envío de resumos | ||
| ||
Sobre o Xurés 2026 | ||
O Xurés 2026 configúrase como un espazo de encontro, reflexión e diálogo arredor dos retos actuais da educación e da acción socioeducativa nun contexto global e diverso. Ao longo das súas edicións, este seminario consolidouse como unha cita de referencia para profesionais, investigadoras/es, estudantes e persoas interesadas na transformación social a través da educación. Nesta quinta edición proponse un programa plural que combina achegas teóricas e experiencias prácticas, favorecendo a análise crítica e o intercambio de coñecementos entre diferentes territorios e realidades. A dimensión internacional do encontro permitirá ampliar miradas e construír pontes entre contextos educativos e sociais diversos. O seminario aposta por unha educación social comprometida cos dereitos humanos, a inclusión, a xustiza social e o desenvolvemento comunitario, poñendo especial atención nos desafíos contemporáneos que atravesan ás persoas, ás comunidades e ás profesións do ámbito social. Será tamén un espazo para pensar colectivamente, cuestionar prácticas e imaxinar novas respostas educativas desde unha perspectiva queer centrada na inclusión e na participación. O Parque Natural do Xurés, como territorio de fronteira e encontro, ofrece un marco privilexiado para este diálogo, favorecendo unha experiencia que transcende o académico e incorpora a dimensión humana, cultural e social do lugar. Este é un primeiro avance do evento. Nas próximas semanas facilitarase información máis detallada sobre o programa e o desenvolvemento deste encontro. Agardamos contar cunha gran participación. |