VIII Congreso Mundial da Infancia

09 - 11 - 2026

O VIII Congreso Mundial con Infancia e Adolescencia, que nesta edición leva por lema «Educación emocional e benestar en tempos de policrise social» celebrarase en modalidade en liña do 20 ao 27 de novembro de 2026.

O congreso concíbese como un espazo de encontro, reflexión e intercambio arredor dos principais retos relacionados co benestar e a defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia, destacando especialmente a participación activa e o protagonismo dos nenos, nenas e adolescentes.

Ao longo do evento presentaranse máis de 300 comunicacións e relatorios que abordarán diferentes propostas, experiencias e perspectivas sobre o benestar e os dereitos da infancia e da adolescencia a nivel global.


Desconto para as persoas colexiadas

As persoas colexiadas poderán beneficiarse dun 20 % de desconto na inscrición.

Para acceder a este desconto, deberán solicitalo previamente a través do correo electrónico **congreso@cipinfancia.org**.


Pódese consultar toda a información sobre o congreso, o programa e as inscricións na súa páxina web:

www.congresomundialinfancia.com