VIII Congreso Mundial da Infancia
O VIII Congreso Mundial con Infancia e Adolescencia, que nesta edición leva por lema «Educación emocional e benestar en tempos de policrise social» celebrarase en modalidade en liña do 20 ao 27 de novembro de 2026.
O congreso concíbese como un espazo de encontro, reflexión e intercambio arredor dos principais retos relacionados co benestar e a defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia, destacando especialmente a participación activa e o protagonismo dos nenos, nenas e adolescentes.
Ao longo do evento presentaranse máis de 300 comunicacións e relatorios que abordarán diferentes propostas, experiencias e perspectivas sobre o benestar e os dereitos da infancia e da adolescencia a nivel global.
Desconto para as persoas colexiadas
As persoas colexiadas poderán beneficiarse dun 20 % de desconto na inscrición.
Para acceder a este desconto, deberán solicitalo previamente a través do correo electrónico **congreso@cipinfancia.org**.
Pódese consultar toda a información sobre o congreso, o programa e as inscricións na súa páxina web:
www.congresomundialinfancia.com