CONVIVE.COMigo

27 - 11 - 2026

💚CONVIVE.COMigo: unha oportunidade para acompañar adolescentes.

Dende o CEESG compartimos esta iniciativa da Asociación Arela que busca persoas ou familias dispostas a acoller temporalmente adolescentes da provincia de Pontevedra que, por resolución xudicial, precisen convivir nun entorno familiar diferente.

🏠A través desta experiencia, ofrécese un contexto de convivencia positivo, normalizador e inclusivo, que favorece novas aprendizaxes e contribúe a mellorar as relacións familiares.

As persoas acolledoras contan con:

✔Formación e acollemento profesional.
✔Apoio durante todo o proceso de convivencia.
✔Coordinación co equipo educativo.
✔Unha compensación económica de 40 euros ao día.

Queres formar parte desta experiencia?

☎604038672
📩convive@arela.org
🔗www.arela.org

Unha oportunidade para acompañar, apoiar e contribuír a construír novas posibilidades
💚.

#adolescencia
#educaciónsocialgal
#arela
#convivecomigo