CONVIVE.COMigo
💚CONVIVE.COMigo: unha oportunidade para acompañar
adolescentes.
Dende o CEESG compartimos esta iniciativa da Asociación Arela que busca persoas
ou familias dispostas a acoller temporalmente adolescentes da provincia de
Pontevedra que, por resolución xudicial, precisen convivir nun entorno familiar
diferente.
🏠A través desta
experiencia, ofrécese un contexto de convivencia positivo, normalizador e
inclusivo, que favorece novas aprendizaxes e contribúe a mellorar as relacións
familiares.
As persoas acolledoras contan con:
✔Formación e acollemento
profesional.
✔Apoio durante
todo o proceso de convivencia.
✔Coordinación co equipo
educativo.
✔Unha compensación económica de 40 euros
ao día.
Queres formar parte desta experiencia?
☎604038672
📩convive@arela.org
🔗www.arela.org
Unha oportunidade para acompañar, apoiar e contribuír a construír novas
posibilidades 💚.
#adolescencia
#educaciónsocialgal
#arela
#convivecomigo