Unha guía de ‘Os Bolechas’ conta ás nenas e nenos a que se dedican as educadoras e educadores sociais.
Esta publicación busca visibilizar a profesión e achegar un instrumento que facilite a explicación ás crianzas do papel que temos como profesionais.
Esta publicación busca visibilizar a profesión e achegar un instrumento que facilite a explicación ás crianzas do papel que temos como profesionais.
Os Bolechas visitan o Ceesg e aprenden en que consiste a Educación Social. Unha guía que facilita a explicación da profesión a nenas a nenos, para que entendan a importancia do noso labor profesional.
Acompañamos este libro cunha proposta de actividades que, partindo deste libro, nos achega ideas para traballar coas crianzas sobre o que é a Educación social e para comprender mellor e sensibilizar sobre os contextos nos que se desenvolve a nosa profesión. A proposta de actividades enviarase en pdf unha vez que o libro estea entregado.