ESTRATEXIAS NA INTERVENCIÓN SOCIAL CON MOZOS/AS TRAUMATIZADOS/AS
Como intervir dende o ámbito socioeducativo
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
A evidencia científica, en especial todas as achegas da neurobioloxía nestes últimos 10 anos, son claves para entender a intervención con nenos, nenas e adolescentes desde un modelo máis comprensivo e acomodado ás súas necesidades. Grazas a estes avances podemos entender que sucede a nivel cerebral e estrutural co trauma, o abandono e a neglixencia e como podemos adaptarnos a esas circunstancias para poder reparalas e favorecer a resiliencia. En especial naqueles nenos, nenas e adolescentes que de maneira directa ou vicaria sufriron traumatización por parte dunha ecoloxía adversa que comprometeu o seu desenvolvemento madurativo.
Así pois, ao longo das 5 horas introducirémonos nalgunhas das claves básicas da neurobioloxía do abandono e do trauma e sobre todo como establecer unha ponte para implementar unha presenza rehabilitadora e no día a día cos nenos, nenas e adolescentes. Así mesmo, traballaremos habilidades, estratexias e actitudes que posibiliten un acompañamento máis efectivo e respectuoso coa dor destes e destas.