Formación LOPIVI sobre detección e actuación integral ante a violencia sexual contra a infancia e adolescencia
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
CURSO COMPLETO
As inscricións recibidas incorporaranse a unha lista de espera
A Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI) expón no seu artigo 5, sobre a Formación, que as administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias, promoverán e garantirán unha formación especializada, inicial e continua en materia de dereitos fundamentais da infancia e a adolescencia aos e ás profesionais que teñan un contacto habitual coas persoas menores de idade. Dita formación comprenderá como mínimo: a) A educación na prevención e detección precoz de toda forma de violencia á que se refire esta lei. b) As actuacións a levar a cabo unha vez que se detectaron indicios de violencia. c) A formación específica en seguridade e uso seguro e responsable de Internet, incluíndo cuestións relativas ao uso intensivo e xeración de trastornos conductuais. d) O bo trato aos nenos, nenas e adolescentes. e) A identificación dos factores de risco e dunha maior exposición e vulnerabilidade ante a violencia. f) Os mecanismos para evitar a vitimización secundaria. g) O impacto dos roles e estereotipos de xénero na violencia que sofren os nenos, nenas e adolescentes.