Dúas accións formativas dirixidas a profesionais da Educación Social que desexan incorporar novas ferramentas para comprender mellor os procesos de acompañamento, ampliar a súa capacidade de análise e coidar a súa propia práctica profesional.
Itinerario formativo: Teoría polivagal e supervisión profesional en Educación Social
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
Formacións complementarias pero independentes.
Podes matricularte en calquera dos dous cursos ou do itinerario completo, cunha importante vantaxe económica.
Aínda que para aproveitar mellor o segundo curso é recomendable ter formación previa sobre teoría polivagal, non é un requisito imprescindible.
As persoas que participaron no encontro de educadoras/es sociais dos SEAF do ano 2025 xa tiveron ocasión de achegarse á teoría polivagal da man do mesmo docente, mais atoparán nesta edición unha proposta de maior duración que permitirá integrar os contidos, afondar na reflexión e consolidar as aprendizaxes.