Dúas accións formativas dirixidas a profesionais da Educación Social que desexan incorporar novas ferramentas para comprender mellor os procesos de acompañamento, ampliar a súa capacidade de análise e coidar a súa propia práctica profesional.
Itinerario formativo: Teoría polivagal e supervisión profesional en Educación Social (50 €)
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
A ter en conta…
- O prezo especial de 150 € só é aplicable se a inscrición se realiza nos dous cursos simultaneamente. Se te anotas unicamente no primeiro curso, poderás inscribirte posteriormente no segundo, pero deberás aboar o prezo correspondente a ese curso individual.
- Teñen prioridade de inscrición as persoas colexiadas/os do CEESG. As persoas non colexiadas quedarán en lista de agarda ata tres días antes da celebración do curso, cando se lles notificará se dispoñen de praza ou non.
Formacións complementarias pero independentes.
Aínda que para aproveitar mellor o segundo curso é recomendable ter formación previa sobre teoría polivagal, non é un requisito imprescindible.
As persoas que participaron no encontro de educadoras/es sociais dos SEAF do ano 2025 xa tiveron ocasión de achegarse á teoría polivagal da man do mesmo docente, mais atoparán nesta edición unha proposta de maior duración que permitirá integrar os contidos, afondar na reflexión e consolidar as aprendizaxes.