Novas realidades adolescencia vulnerable

Como intervir dende o ámbito socioeducativo

Registrations are closed

Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).

A transformación que estamos a vivir nos ámbitos sistémico e social afecta tamén e de xeito particular a adolescencia. Historicamente, a adolescencia era unha fase da vida na que se deixaba atrás a infancia e se comezaban a dar os pasos cara a adultez. Non tendo perdido esta esencia, a día de hoxe podemos afirmar, tal e como o fan Ricardo Fandiño e Vanessa Rodríguez no seu libro Seradolescente, ¿transición o destino?, que a adolescencia vai máis alá da fase da que previamente falabamos, para ocupar espazo ao longo da vida adulta.

Esta nova realidade fai que os rapaces e rapazas sexan acompañadas dun xeito distinto, afectando ao seu desenvolvemento madurativo, tanto de xeito positivo como negativo. Pero non solo existen cambios na concepción da adolescencia, tamén estes están presentes nas relacións familiares, nas relacións interpersoais e os usos da tecnoloxía e polo tanto tamén na expresión do sufrimento. Os informes dos últimos anos están a amosar un incremento da sintomatoloxía internalizante que dista moito da concepción clásica da adolescente cunha problemática heteroagresiva.

Os e as profesionais da Educación Social vémonos impactadas continuamente por todos estos cambios, polo que é necesario pararse a reflexionar sobre eles e repensar os xeitos de intervención. Esta proposta de formación pretende poñer o foco nas novas realidades, pero tamén abrir un espazo para poder partillar e aprender sobre a práctica da intervención socioeducativa con adolescentes.

 
Data e Hora
luns
2 de outubro de 2023
Inicio - 00:00
martes
31 de outubro de 2023
Fin - 23:55 Europe/Madrid
Lugar

Aula virtual CEES

Aula Virtual
--Aula virtual CEES--
Obter o enderezo
Organizador

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

981552206
ceesg@ceesg.gal
COMPARTIR

Descubre o que a xente ve e di sobre este evento e únete á conversa.