Xornada experiencias de saúde mental na USC

A saúde mental dende a perspectiva socioeducativa

Rexistro para Xornada Experiencias de Saúde Mental USC
Free
As vendas rematan 14/12/2023
Cantidade

No desempeño profesional da Educadora/or Social é habitual atoparse con situacións complexas e de difícil manexo. En moitos dos ámbitos de actuación, a nosa intervención adoita estar dirixida aos colectivos especialmente vulnerables, nos que a súa vida está condicionada en certa medida por eventos traumáticos. 

Entender as condutas presentes da persoa desde as experiencias vividas do pasado, permite ao profesional ter unha nova visión sobre o que sucede. Estas novas lentes de ver permiten encaixar aquelas pezas do quebracabezas que ás veces parece non ter solución. 

É por iso que ter información sobre saúde emocional e trauma é de especial importancia para facer unha intervención de calidade dentro do contexto social. 

Aínda que no traballo directo con estes colectivos é indispensable contar coa devandita formación a realidade é que ter información básica sobre o funcionamento do cerebro, sobre regulación emocional e sobre apego e trauma debería ser importante na formación de calquera profesional cuxa intervención sexa por e para as persoas.

Data e Hora
xoves
14 de decembro de 2023
09:00 14:00 Europe/Madrid
Lugar

Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación USC, Campus Vida

Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón
15782 Santiago de Compostela
España
--Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación USC, Campus Vida--
Obter a dirección
Organizador

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)

981 552206
ceesg@ceesg.gal
COMPARTIR

Descubra o que a xente ve e di sobre este evento e únete á conversa.