Xornada experiencias de saúde mental na USC
A saúde mental dende a perspectiva socioeducativa
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
No desempeño profesional da Educadora/or Social é habitual atoparse con situacións complexas e de difícil manexo. En moitos dos ámbitos de actuación, a nosa intervención adoita estar dirixida aos colectivos especialmente vulnerables, nos que a súa vida está condicionada en certa medida por eventos traumáticos.
Entender as condutas presentes da persoa desde as experiencias vividas do pasado, permite ao profesional ter unha nova visión sobre o que sucede. Estas novas lentes de ver permiten encaixar aquelas pezas do quebracabezas que ás veces parece non ter solución.
É por iso que ter información sobre saúde emocional e trauma é de especial importancia para facer unha intervención de calidade dentro do contexto social.
Aínda que no traballo directo con estes colectivos é indispensable contar coa devandita formación a realidade é que ter información básica sobre o funcionamento do cerebro, sobre regulación emocional e sobre apego e trauma debería ser importante na formación de calquera profesional cuxa intervención sexa por e para as persoas.