Xornada intervencion social feminista UDC
Registrations are closed
Para poder inscribirte nun evento deberás iniciar sesión, se non es usuaria/o da páxina deberás rexistrarte (para rexistrarse na web non é necesaria a colexiación).
As educadoras e educadores sociais atopámonos nunha posición favorable para reducir situacións de desigualdade de xénero. A nosa capacitación para traballar no acompañamento individual desde o contexto comunitario supón unha extraordinaria posibilidade de socialización en igualdade para toda a cidadanía.
Son de Fiar, é unha achega pedagóxica cunha clara vontade didáctica. Un material que pode ser empregado no traballo diario docente dos centros educativos, en formacións ocupacionais e noutros espazos de intervención social.
Situámonos ante unha proposta socioeducativa que parte da educación social e achega unha mirada crítica respecto da propia educación social, co fin de acadar o que queremos: unha educación social feminista.